O
MCER é un estándar de referencia que serve para describir o nivel de
comprensión oral e escrita dunha determinada lingua. O seu obxectivo principal
é establecer unha base común flexible e que se poida adaptar aos distintos
contextos educativos para elaborar programas e manuais, deseños e reformas
curriculares, para a formación de profesores e para a avaliación das
competencias nas linguas de toda Europa.
A
aprendizaxe de linguas e culturas non se garda en compartimentos mentais
estritamente separados, senón que desenvolve unha competencia comunicativa na
que as linguas se relacionan entre si e interactúan. O MCER debe seguir uns
criterios determinados. Ten que garantir a transparencia e coherencia dos obxectivos
e os métodos de ensino, favorecer a cooperación entre as distintas entidades
educativas dos países, facilitar o recoñecemento de certificados de linguas e
axudar a coordinar esforzos entre as persoas relacionadas coa aprendizaxe.
Trátase dun enfoque activo, no que os individuos desenvolven unha serie de
competencias, tanto xerais como comunicativas.
O
progreso na aprendizaxe de lingua pode calibrarse nos termos dunha serie
flexible de niveis de logro, definida mediante descritores apropiados.
Aínda
que o conxunto de descritores, como un todo, non sexa exhaustivo, hai que sinalar
que é: flexible e coherente.
No
proceso de aprendizaxe, para poder avaliar cales son as tarefas más adecuadas é
importante ter en conta ao alumno e as súas circunstancias. En que temas terá
que desenvolverse, como se lle capacitará para iso, que nocións específicas
terá que utilizar. Que tarefas comunicativas nos distintos ámbitos terá que
aprender a realizar. Á hora de ensinar é importante ter en conta non só os
nosos obxectivos senón como pode o alumno chegar a realizar as tarefas,
actividades e procesos e como vai desenvolver as competencias necesarias para a
comunicación. Os profesores deben facilitar estes procesos axudados polos seus
distintos servicios de apoio. As autoridades educativas deben planificar ben os
currículos de linguas modernas
Gustaríame
centrarme no proceso avaliación segundo o MCER. Hai tres conceptos que
tradicionalmente se consideran fundamentais en calquera análise de avaliación:
a validez, a fiabilidade e a viabilidade. Un procedemento de avaliación ten
validez na medida en que poida demostrarse que o que se avalía realmente é o
que se debería avaliar e que a información obtida é unha representación
exacta do dominio lingüístico dos alumnos. Unha avaliación é fiable dependendo
da validez que teña o nivel concreto. E un procedemento de avaliación tamén ten
que ser práctico, viable. Os examinadores traballan baixo a presión do
tempo; só ven unha mostra limitada da actuación e existen límites definidos do
tipo e do número de categorías que poden manexar como criterios.
Cando
avaliamos temos que ter en conta varios aspectos, non só a competencia ou
dominio da lingua, senón a eficacia dos métodos e materiais concretos. A escala
dos niveis comúns de referencia pretende facilitar a descrición do nivel de
dominio lingüístico alcanzado nos diplomas e certificados existentes e desa
forma permitir a comparación entre sistemas.
Hai
moitos tipos de avaliación (de dominio, continua, formativa, directa, indirecta, subxectiva, obxectiva,
global…) Os profesores tenden a interesarse máis pola
avaliación de aproveitamento, que serve como criterio de retroalimentación do
proceso de aprendizaxe. Para os empresarios e os adultos en xeral, é máis
interesante a avaliación do dominio, porque se centra nos resultados.
Nunha
clase de secundaria a avaliación de aproveitamento é moito máis necesaria. A
lei indica que a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de secundaria
será continua, formativa e integradora e que é necesario establecer as medidas
máis axeitadas para que as condicións de realización da avaliación se adapten
as necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais[1].
Por iso é tan importante para os profesores establecer un proceso de avaliación
axeitado. As rúbricas cos criterios de avaliación serven de referencia aos alumnos
para valorar por si mesmos o seu propio proceso de aprendizaxe e as rúbricas de
autoavaliación serven aos profesores para concluír se a forma de impartir as
clases foi a máis axeitada e poder corrixir e mellorar a metodoloxía no futuro.
Un
dos aspectos máis complexos como profesores é ser xustos, ser o máis obxectivos
posible. Para logralo, é necesario especificar o contido da avaliación,
utilizar valoracións compartidas para seleccionar o contido a avaliar as
actuacións. Adoptar procedementos normalizados, proporcionar claves definidas
de puntuación e fundamentar as valoracións sobre criterios específicos,
realizar unha formación axeitada coas directrices da avaliación e comprobar a
calidade da avaliación analizando os datos.
Con
todo sempre resulta difícil, pero canto máis claros e precisos sexan os
criterios de referencia, máis doado resultará lograr unha avaliación fiable,
válida e viable.
REFERENCIAS
q Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas: aprendizaje,
enseñanza, evaluación. © 2002 Instituto Cervantes para la traducción en
español. http://cvc.cervantes.es/obref/marco
q Common European Framework for Languages: Learning, Teaching,
Assessment-Council for Cultural Cooperation. Education
Committee. Language Policy Division, Strasbourg
q Marco Común de Referencia de Lenguas (2ª parte – Eduardo Varela)
[1] LOMCE (Ley
Orgánica de Mejora de la Calidad Educativa, 25 de septiembre de 2012) https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/evaluacion/secundaria.html



No hay comentarios:
Publicar un comentario