A
aprendizaxe baseada en proxectos é unha metodoloxía que reta aos alumnos a
converterse en protagonistas da súa propia aprendizaxe mediante a elaboración
de proxectos que dean resposta a problemas da vida real.
As vantaxes deste tipo de
aprendizaxe son varias. Por unha banda, motiva aos alumnos a aprender coa axuda
do docente, que é o que esperta a súa curiosidade. Desenvolve a súa autonomía,
xa que eles son os que planifican, deciden e elaboran o proxecto. Fomenta o
espírito autocrítico, xa que eles mesmos terán que avaliar o seu propio
traballo e detectar que aspectos se deben mellorar. Reforza as súas capacidades
sociais mediante o intercambio de ideas e a colaboración en grupo. Facilita a
súa capacidade de buscar, seleccionar, contrastar e analizar información e
traballar coas novas tecnoloxías. Promove a creatividade, posto que poden
utilizar todo tipo de formatos de apoio nos seus traballos. E, por último,
atende á diversidade, xa que estimula aos estudantes con problemas de aprendizaxe
do mesmo xeito ca aos alumnos máis avanzados.
Un exemplo dun breve proxecto de clase sería o seguinte:
Actividade de grado
6 (B1): seguindo o libro de Pass Trinity:
O obxectivo desta unidade é
traballar o presente continuo e ao mesmo tempo o vocabulario relacionado coas
viaxes, neste proxecto en particular non imos traballar a parte escrita, posto
que a actividade está deseñada para o apartado de conversa do exame oral de
Trinity (GESE 6). Este
exame consta de tres partes: conversa sobre un tema libre, discusión sobre un problema ou situación escollido polo examinador e unha conversa sobre unhas áreas
temáticas obrigadas. Este sería un dos temas que os alumnos deben preparar. É importante que os
candidatos coñezan o vocabulario relacionado coas viaxes, que saiban usar o presente continuo e que teñan ideas para a conversa. Para iso
elaborei unha webquest
sinxela e útil a un tempo na que se pretende que os alumnos traballen de xeito
autónomo. A webquest consta dunha benvida, unha introdución, un apartado de
gramática e unhas actividades de vocabulario. Nestes dous apartados incluín
enlaces externos a outras explicacións e exercicios de gramática, por un lado; a
un vídeo curto sobre as viaxes que toda persoa debería facer antes dos 20 e,
finalmente, un enlace a unha actividade sobre o vocabulario na que os alumnos
deben encher uns ocos nun tempo determinado e adquirir así unha puntuación
concreta.
Ao
final da webquest os alumnos dispoñen dunha rúbrica que lles pode servir de
referencia para ser máis rigorosos no proceso de aprendizaxe. Despois da
realización da webquest, a idea sería practicar o exame de forma individual con
cada un dos alumnos respectando o tempo real (5 minutos). Deste xeito, eles
mesmo poderían comprobar ata que punto estarían preparados ou non.
Este
tipo de tarefas ou proxectos pretenden atraer a atención do alumnado para poder
traballar con eles as competencias e contidos específicos da materia coa axuda
das novas tecnoloxías, de paso que traballamos competencias transversais. A
creatividade e a motivación son dous elementos esenciais no proceso de aprendizaxe.
Cada vez hai más estudos que amosan que a emoción é un elemento clave á hora de
aprender. Segundo Mora (2017): «la clave no está en fomentar las emociones en
el aula, sino en enseñar con emoción». O importante á hora de dar clase non é a
materia en si mesma, senón en conseguir chegar aos alumnos, establecer con eles
unha conexión especial que faga que estean atentos ás explicacións e que
queiran colaborar. Non só pola necesidade de aprender, senón pola relación
establecida co profesor. É nese instante, cando se decatan que aprender non ten
por que ser aburrido nin un proceso formal, senón un proceso de interacción.
Para min, o máis importante que un profesor debe lograr é que os seus alumnos
queiran aprender, dende eles mesmos porque só entón será cando aprendan de
verdade.
O
mundo está cambiando, os perfís dos traballadores do futuro tamén. Cada vez é
máis necesaria a transversalidade. Ata agora a busca de traballadores estaba
centrada en perfís técnicos, pero as novas tendencias demostran que no futuro
volverá ser necesario contar con traballadores cun perfil humanístico, cunhas
altas competencias lingüísticas, con intelixencia emocional, especialmente con
intelixencia interpersoal. Capaces de desenvolver a súa actividade con
creatividade e ilusión. «Steve Jobs es un claro ejemplo de cómo un perfil con
formación humanística puede liderar a nivel mundial el mercado tecnológico» (Muñiz, 2017)
En
definitiva, é necesario que os profesores tomen conciencia da nova realidade. É
hora de levar a práctica as distintas teorías sobre a educación que tan ben reflectidas
están no papel. É a nosa responsabilidade que o proceso de aprendizaxe cambie
nas aulas para crear individuos máis libres y máis capaces e, de paso, para
crear un mundo mellor.
Referencias
Mora, F. : «El cerebro solo aprende si hay
emoción»
Muñiz, Mar.: «Los de “letras” también tienen
futuro en este país (aunque no lo parezca)
No hay comentarios:
Publicar un comentario