sábado, 30 de diciembre de 2017

DIARIO: A aprendizaxe de linguas en España




Unha das problemáticas que se debateron nas clases desta materia foi a situación da aprendizaxe de linguas en España con respecto ao resto de Europa. Case todos estamos de acordo en que os obxectivos de cara ao 2020 son excesivamente ambiciosos, pero cal é a situación real?


Aínda que realmente me parece que imos con retraso con respecto á maioría dos países da nosa contorna, tamén é certo que houbo moitos avances nesta última década. No sector de empresa a necesidade de usar o idioma, o inglés concretamente, aínda que tamén o francés no sector do automóvil, fixo que moita xente se aplicara a este nivel. Se temos en conta que unha boa parte dos alumnos universitarios tiveron a ocasión de realizar unha bolsa Erasmus, xunto coas facilidades para poder viaxar trouxeron un cambio significativo na nosa sociedade. 


Aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero estamos na senda. Hai un sentimento de vergonza colectivo que nos impide sacudir o complexo con respecto á nosa capacidade lingüística, pero creo que é equivocado. Debemos ter en conta de onde vimos e darnos un tempo. Non creo que as cousas cambien moito de aquí ao 2020, pero si penso que pouco a pouco iremos avanzando.


Con todo, nunca debemos esquecer que todas as linguas son igual de importantes e detrás de cada unha delas hai unha cultura. Por iso, respectemos a nosa propia lingua e cultura, será a ponte que nos una.


2 comentarios:

  1. ¡Hola Susana! Enhorabuena por tu entrada, estoy muy de acuerdo con lo que dices. Creo que los objetivos propuestos para 2020 son muy ambiciosos y poco realistas, ya que no se puede conseguir todo en solamente 2 años. Sin embargo, creo que sí que hemos avanzado bastante y que vamos por el buen camino, como podemos ver, por ejemplo, con el aumento de becas al extranjero.
    Espero y deseo que en unos años podamos decir y comprobar que estamos al mismo nivel que el resto de países europeos. Y si es con un poco de ayuda de nuestra parte como docentes, mejor.
    Un saludo.

    R.

    https://aslinguasestranxeirasnomundo.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar