Os procesos educativos non se producen á marxe da
sociedade, aínda que a aprendizaxe teña forma individual, o seu deseño forma
parte do colectivo social. Cada individuo representa en maior ou menor medida á
sociedade á que pertence. É dicir, que a actividade educativa ten unha connotación
pública. Por esta razón, debe estar regulada polos organismos competentes. O profesor
ten que coñecer as achegas da psicoloxía evolutiva e o desenvolvemento e as
teorías da ciencia da educación.
O deseño curricular xustífícase polas seguintes razóns:
«Es una previsión de la acción educativa […] diseñar el currículum es realizar
una previsión de elementos, acciones, recursos, tiempos, etc. […] es un modo de
establecer compromisos por parte del docente y del alumno […] permite hacer un
seguimiento de los cursos […] y facilita su mejora por medio de evaluaciones. (Pérez,
Ramón. 2011).
Un dos elementos que máis difíciles nos resulta aos
estudantes deste mestrado, tendo en conta os comentarios dos meus compañeiros e
a miña propia percepción, é precisamente asimilar a relevancia do deseño
curricular. Saber establecer os contidos pertinentes, os obxectivos, as
competencias, a secuenciación e temporalización factibles, as rúbricas, as
avaliacións dentro dos diversos cursos, coas súas especificidades e contextos
concretos. Son elementos aparentemente sinxelos de comprender, pero difíciles
de poñer en práctica. Precisamente pola dificultade que entrañan é polo que
debemos profundar en todos estes aspectos.
REFERENCIAS:
Cantón Mayo, Pino-Juste (2011) – Diseño
y desarrollo del currículum. – Alianza Editorial.


No hay comentarios:
Publicar un comentario