martes, 6 de febrero de 2018

DIARIO, SEGUNDA SESIÓN CON LUZ




Nesta segunda sesión, centrámonos no enfoque comunicativo, concretamente nas actividades orais. Hai moitas actividades que se poden levar a cabo na aula para traballar as destrezas orais. A continuación vou listar unha serie de actividades diversas por tipos. Por exemplo, podemos preparar actividades baseadas no xogo dramático (role plays), actividades baseadas na aprendizaxe cooperativa (ex.: repártese información entre os membros da clase e entre todos teñen que recompoñer a historia completa), actividades baseadas na interacción grupal (ex.: o mercado, os alumnos pasean pola aula, e a un sinal, teñen que parar e empezar a falar co compañeiro que teñan ao lado), actividades baseadas en xogos lingüísticos (adiviñanzas), actividades baseadas en respostas (conseguir a información que falta para solucionar un problema), actividades baseadas en historias ou relatos (falar de recordos, por exemplo a partir dunha fotografía), actividades baseadas en obxectos ou sons (describir os obxectos, adiviñar a procedencia do son), actividades baseadas en distintos tipos de situación máis ou menos formais (entrevista), actividades baseadas en noticias de prensa ou textos literarios. 


Non debemos esquecer o apoio da tecnoloxía (sempre como ferramenta, nunca como obxectivo en si mesma), como a creación dun programa de radio ou a gravación de Podcasts. Mesmo gravar unha pequena representación teatral baseada nunha obra adaptada pode resultar estimulante. Aínda que neste caso xa estariamos a falar de proxectos.  



En xeral, o que temos que ter en conta é a necesidade de planificar ben a tarefa. Por unha banda, traballar co vocabulario ou cunha estrutura sintáctica específica a través da repetición (ex.: Have you ever…?), pero principalmente centrarnos na interacción, en conseguir desenvolver situacións comunicativas reais, de xeito que os alumnos identifiquen que teñen unha utilidade para a súa vida. Por iso, é importante escoller aqueles temas que lles poidan resultar máis interesantes ou atractivos. Xa sabemos que as películas e as series non fallan, os xogos de rol ou os mistery games (tipo Cluedo) tamén poden dar moito xogo.  A diversión tamén é útil, forma parte da vida e ademais axuda a desenvolver o pensamento lateral. 




A miña proposta de actividade está pensada para alumnos de secundaria, aínda que podería ser perfectamente aplicable aos de bacharelato, está enmarcada como warm-up ou como unha posible actividade para facer despois dunha sesión algo máis dura, a modo de recompensa, ou para unha ocasión no que o grupo estea especialmente desmotivado.  Trátase de resolver un enigma. Eu amosaríalles esta foto:

A continuación, explicaríalles que esa imaxe pertence a un esqueleto que foi atopado con ese pau na man nunha illa deserta e os alumnos teñen que adiviñar como morreu o propietario da osamenta.  
Os alumnos poderían facerme todas as preguntas que considerasen oportunas pero eu unicamente contestaría si ou non, é dicir, terían que traballar basicamente as oracións interrogativas pero empezando directamente co verbo auxiliar (did) ou co verbo to be en pasado. No encerado eu iría anotando o posible vocabulario que iría saíndo a medida que os alumnos fosen suxerindo posibilidades. Se despois dun tempo, non desen coa solución nin se achegasen un pouco, empezaría a darlles pistas.  


É importante promover a participación de todos, especialmente dos máis tímidos. Os alumnos deben divertirse, pero sempre mantendo o control sobre a clase. Podería ofrecerse algún tipo de premio ao gañador, coma por exemplo, exención de deberes ese día, algo que os animase a participar. 
Unha vez descuberto o enigma, preguntaríalles se lles gustaría repetir a actividade outro día. Nese caso, proporíalles como actividade para a casa que buscasen eles mesmos un enigma e o preparasen. Poderían usar unha imaxe ou unha frase explicando a situación, deberían preparar as posibles pistas por se ninguén fose capaz de resolverlo e terían que ser eles os que contestasen si ou non ás preguntas dos seus compañeiros. A actividade podería ser grupal ou individual. As pistas poderían incluír mímica ou palabras clave. E, de paso,  xa temos unha serie de actividades de recheo preparadados  para outras ocasións similares.





Por certosaberías explicar como morreu o noso protagonista? 




  

13 comentarios:

  1. Pois a verdade é que si me gustaría saber a resposta do enigma! Este tipo de actividades sempre funcionan moi ben, a curiosidade é un elemento central na elaboración de propostas didácticas, a túa é moi sinxela e moi boa.

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo, a curiosidade é a nosa mellor aliada.
    A nosa personaxe misteriosa ía en globo con outras tres persoas. O globo perdía altitude e houbo un sorteo para soltar lastre e, por desgraza, escolleu o pau equivocado.

    ResponderEliminar
  3. Que bo!Unha cousa que podes facer logo desta actividade é pedirlle que en casa busquen un enigma para copartilo cos compañeiros, en gran ou pequeno grupo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, si, xa o poño ao final, coma unha posible actividade de «deberes».

      Eliminar
  4. Está bárbaro o enigma! Que saibas que penso copiarte esta actividade do enigma para as miñas clases. Estou segura de que as ansias por saber a resposta vainos facer participar activamente. Gracias Susana.

    ResponderEliminar
  5. ¡Qué chula la actividad! Recuerdo que en una ocasión también nos propusieron un enigma en clase y participamos todos con mucho entusiasmo para intentar resolverlo. Es una gran idea para motivar a los alumnos y despertar su curiosidad.
    El enigma era que habían encontrado dos cadáveres congelados en el Polo Norte y los exploradores los identificaron como Adán y Eva. Teníamos que saber cómo habían llegado a esa conclusión.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues ya contarás cómo...
      Sí, los enigmas son siempre muy entretenidos y como estos hay muchos.
      ¡Gracias, Antonia!

      Eliminar
  6. Encantoume o teu enigma! Menos mal que puxeches a resposta nos comentarios porque xa estaba desexando sabela.

    ResponderEliminar