Russel Stannard escribiu un artigo moi interesante sobre a
importancia da tecnoloxía na educación. Ata que punto o uso da tecnoloxía é un
elemento innovador? En primeiro lugar, deberíamos reflexionar sobre que é
realmente a tecnoloxía. Segundo o DRAG, tecnoloxía é un conxunto de
procedementos e instrumentos técnicos que se empregan nunha actividade
específica. Se temos en conta esta definición, deberíamos pensar mais ben ata
que punto a tecnoloxía transformou a educación e mesmo ata que punto a transformará
no futuro, non nos quedemos só no presente. Hai un vídeo curto moi interesante
a este respecto que merece a pena ver: The history of technology in
education.
A onde quero chegar é que, tal e como indica Russell, a tecnoloxía non é máis ca unha ferramenta ao noso servizo. É posible que nos axude a mellorar, a axilizar ou, simplemente, a crear un novo envoltorio, pero finalmente educar é outra cousa. As ferramentas sempre son útiles, que sería de nós sen a invención do papel ou da imprenta de Gutenberg!
Con todo o verdadeiramente importante está en como usamos esas ferramentas. Como profesores ou estudantes, a miúdo nos chega información sobre novos programas, aplicacións e demais recursos na rede, pero case non temos tempo nin ocasión de pararnos a aprender como funcionan, polo que non lles estamos sacando un verdadeiro rendemento.
Ás veces, menos é máis. Estou a favor do uso das tecnoloxías, pero penso que cada un debe ser responsable e coñecerse a si mesmo, valorar que recursos poden ser verdadeiramente útiles ou non, a cales se lles pode dedicar tempo, con cales nos sentimos cómodos e a cales lles imos sacar máis partido, aínda que só sexa como forma de seducir e atraer ao alumnado (algo a ter en conta).
A tecnoloxía está no propio desenvolvemento da sociedade. Estamos nunha evolución constante, é a esencia da propia vida. Debemos ser capaces de adaptarnos ás novidades, pero sen perder nunca de vista a esencia. Educar é transmitir, é axudar, é camiñar con aquel que aínda non é quen de facelo por si mesmo, para que nun futuro sexa independente e autónomo.
Ese é o noso verdadeiro obxectivo como profesores, compartir o que sabemos con xenerosidade e, sobre todo, con moito respecto polos nosos alumnos.

Totalmente dacordo. As tres palabras clave:(1) tecnoloxía como ferramenta para inculcar (2)autonomía e sempre baseado no (3)respeto.
ResponderEliminar